Paquetes

«Organizamos a túa viaxe de turismo científico a medida. Actividades específicas de avistamento de aves, xeología, medio mariño, oceanografía, fauna e flora nas illas»

Actividades

Nos nosos paquetes de turismo científico ponse a disposición dos viaxeiros, distintos e orixinais itinerarios científicos a elixir relacionados coas áreas da Ciencia de maior interese para coñecer mellor, ou descubrir por primeira vez o Parque Nacional: Xeoloxía, Astronomía, Medio Mariño, Fauna,  Flora, Ecoloxía e Historia.

As actividades renovaranse en función dos meses do ano e as estacións.

Desprazamentos
Mar de Ciencia conta con navíos para os desprazamentos.  A bordo desenvolveranse algunhas das actividades, especialmente aquelas relacionados co avistamento de aves e cetáceos, o coñecemento das covas mariñas das illas e outras actividades de exploración do medio mariño.
Aloxamentos
Mar de Ciencia pon a disposición dos nosos viaxeiros lugares específicos para durmir nas Illas e a súa contorna: hoteis, casas rurais e cámpings. Comidas Todos os paquetes de Mar de Ciencia inclúen comidas nas Illas. Cada viaxeiro terá o seu propio «Kit do explorador » que incluirá todo o necesario para facer un » picnic científico» nas Illas ou en alta mar.