Acerca de

Mar de CIencia é un paquete de turismo científico certificado por OBSERVER®.ScienceTourism e desenvolto no territorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada así como a súa contorna.

Trátase dun amplo catálogo de experiencias turísticas, de un, dous ou tres días de duración, no que a Ciencia é o elemento narrativo fundamental.
Con Mar de Ciencia preténdese que o viaxeiro coñeza e entenda estes singulares arquipélagos atlánticos e algúns dos seus porqués:
Cando e como se formaron as Illas Atlánticas, e cal é entón a súa historia xeolóxica? E o seu medio mariño, por que é tan rico e singular? Que factores influíron na configuración das súas paisaxes vexetais? E o ser humano, como afectou na súa transformación? Se miramos ao firmamento nunha noite estrelada desde as Illas Cíes, que vemos? De cando datan os primeiros asentamentos humanos?
Mar de Ciencia ofrece a través de distintas actividades e rutas científicas respostas a todas estas preguntas e outras moitas…

Mar de Ciencia é unha iniciativa promovida polas empresas: